martes, 18 de junio de 2019

Vivamos coma Fonsagradinos!

 Por fin podemos presentar o noso Vídeo "Vivamos coma Fonsagradinos!"
Estamos moi orgullosos dos nosos rapaces de terceiro, posto que eles  foron os que fixeron o guión, actuaron e maquetaron o vídeo, que se enviou tamén á feira de PITEAS. Noraboa, esperamos que vos guste!


Si non o podedes abrir, tamén vos deixamos o enlace donde podedes atopalo:

https://drive.google.com/drive/folders/1u3IjjHDMJjK9WITokOkrNcMnBWtxVQ0M

miércoles, 29 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas

O Día do Libro celebrámolo no instituto mediante un concurso: Seica Antón Fraguas deixou un legado, dentro dun cofre secreto que os alumnos tiñan que abrir, pero cómo? Pois seguindo uns códigos secretos que tiñan que descifrar do seguinte xeito: Por medio de emoticonos, tiñan que deducir unha serie de obras da Literatura Galega...
Déixovos as fotos cos códigos, e a gañadora do concurso, Celia, de 4º ESO. Noraboa!
PD: Por certo, as solucións son: Follas Novas, Merlín e Familia, Os vellos non deben namorarse, ¿Qué me queres, amor?, A praia dos afogados, Ollos de auga, Cartas de inverno, De catro a catro e Cantares galegos. 
















Día do Libro, 23 Abril

Fomentamos a lectura en tódolos ámbitos: prosa, poesía, cómic.... porque calquer momento é bó para ler.
Ademáis, ofrecemos ós alumnos a posibilidade de coñecer máis cousas desta data que xa é coñecida en todo o mundo, coma unha celebración e unha invitación á lectura.
Porque xa sabemos, que, LER, é outro xeito de viaxar!











sábado, 6 de abril de 2019

Visita de Pepe Vaamonde

Agradecemos moitísimo esta visita do maestro Pepe Vaamonde, que nos ensinou moitas cousas sobre a música tradicional galega. Tamén os nosos alumnos traballaron sobre o tema, e fixeron unha exposicion brillante!







Tacirupeca, Tacirupeca! ou Crispín D´Olot

Menudas risas que nos votamos con este trovador! Para chorar de risa! Crispín D´Olot veu a amenizar esta mañá cargado de sabedoría, tradición e moito, moito humor! Excelente!














Ruta dos Pintores

Este ano, a camiñata anual celebrouse máis tarde por mor do tempo... PERO VAIA DÍA QUE TIVEMOS! Realmente primaveral! Fixemos a Ruta dos Pintores, na que atopamos cousas realmente curiosas e antigas... Digna de repetir!